martes, 15 de febrero de 2011

Monólogo:O chocolate

O Chocolate:

O chocolate,aaaaah, o chocolate! Encántame o chocolate: a súa textura, o seu sabor...fáiseme a boca auga.
Se fose chocolate comeríame.
Pregúntome por qué non se poden facer lentellas de chocolate, así gustaríame comelas.
O chocolate pode ser branco en vez de negro.A mín preferentemente gústame máis o branco.
Sabedes qué? Se fose Willy Wonka non sairía da Fábrica de chocolate para nada e a único alimento que comería sería o chocolate,  moito chocolate , moito chocolate, moitísimo chocolate.
Eu polo chocolate "ma-to".

David Fraga Naveira 6º B

sábado, 12 de febrero de 2011

O Extraño Castigo


¿ QUÉ PASARÍA SE TIVÉSEMOS QUE PASAR UNHA NOITE NO COLEXIO?

Esa é unha pregunta moi sinxela de responder, porque aquí teño a resposta.Vouvos contar unha historia que de seguro fará que se vos poña a pel de galiña.

Unha mañá normal e corrente estaba no colexio, en clase de Mates. Fixemos o exame do tema seis.Tocou a serea e entrou a profesora de Inglés,¡Por fin algo divertido! Tocábanos ordenadores. Ao volver tocar a serea “riin,riinn,riiiiinnnn”... volvemos para a clase, era a hora de cambia-lo “chip” e marchar tempo atrás, cara a Historia, tíñamos Coñecemento coa nosa profe, Uxía.

Chegou a hora do recreo, abrir as nosas merendiñas, comelas, xogar, correr, saltar, falar, gritar… Era a nosa media hora de descanso. Eu decidín xogar ao fútbol con Cristina, Emma, Carmen, Andrea, Verónica e Clara. Pero… pasounos algo terrible, unha profesora achegárase e agarráranos a todas fortemente e subíranos cara o despacho do director; nós sen saber por que.

Ao final todo aquelo extraño rematara cun horroroso castigo que ninguén de nós recibira,¡Quedar unha noite no colexio! Cristina, nerviosa dixo que liscásemos, pero Emma contestou que non, que fósemos máis listas, que puxéramos cara de tristeza a ver se nos quitaban o castigo, pero ninguén sentiu piedade de nós, e alí quedamos.

Xa eran as nove en punto da noite, tíñamos todo listo, colchonetas no chan do ximnasio, os nosos chaquetóns para taparnos, e a escuridade de compañía.

Parecía que estabamos no estómago dunha balea, porque o gimnasio era enorme e frío. Non éramos quen de durmir. Entón Clara propuso averiguar o que había máis alá dunha porta que había ao fondo. Estabamos todas de acordo, e levantámonos cos nosos chaquetóns postos.

Abrimos a porta silandeiramente, e o que vimos foi…¡Unha casa! Unha casa deshabitada, con aspecto terrorífico. Adentrámonos máis, e á esquerda vimos a cociña, entramos nela e…¡Aaahhhggh! Gritamos coma unhas tolas, víramos na neveira unha tarántula aplastada. Saímos correndo cara un dormitorio.

Polo aspecto que tiña o dormitorio supuxemos que fora dunha nena, era de cor rosa, desgastado, e tiña adornando moitas bonecas.

A medida que fomos inspeccionando a casa foise pasando o tempo, eran as once en punto da noite, eso era o que cría Verónica, pero Clara mirou o seu reloxo e marcaba as doce e cinco da noite
Non nos quedaba outra que botarnos a durmir, e claro estaba que preferíamos a cama daquel dormitorio que o escuro e xelado gimnasio, entón alí quedámonos a durmir.

Á mañá do día seguinte todos nos buscaban coma tolos, ata que nós mesmas demos a cara. Estaban todos enfadados por facerlles retrasar as clases mentres nos buscaban, polo que recibimos un novo castigo, aínda que este fora menos gordo.

¡¡¡FIIIINNNNNN!!!
Lucía Varela  6º B

Unha noite na escola

Unha noite na escola

Fai algo de tempo, na cidade de A Coruña, ocorreu algo completamente fóra do normal.
Sobre ás 08:50, coma sempre, cheguei á escola Wenceslao Fernández Flórez. Nunha esquina do patio atopábanse os meus amigos. Todos conversaban de cousas normais: de videoxogos, de programas de televisión ou de fútbol. Ninguén sospeitaba que ocorrese o que estaba a piques de ocorrer nun día tan corrente.
Cando deron as 09:00, todos os alumnos do colexio ocuparon os seus lugares nas filas e subiron ás súas aulas.

Ao chegar á nosa clase, a todos nos sorprendeu que o profesor de Matemáticas xa estivese alí. Comezou a explicar o novo tema que iamos dar: as potencias e as raíces. Como xa sabía moito do asunto, estiven mirando pola fiestra a xente que pasaba. Pero algo me asombrou moito: unhas persoas vestidas con buzos brancos e máscaras saían duns camións, tamén brancos, e colocaban carteis en moitos edificios. Estes dicían: "Por favor, refúxiense nas súas casas. Polo aire circula un virus altamente perigoso e contaxioso." Ao ler estas palabras, asusteime tanto que, rapidamente, pechei a ventá que tiña á miña esquerda. Toda a clase escoitou o ruído da fiestra, incluído o profesor. Expliqueille o que lin nos carteis e el tamén se alarmou. Tan grande foi o seu susto que fuxiu correndo da aula. Mentres non estaba, comezamos todos a falar. Cando volveu, un pouco máis calmado, dixo:
-Escoitádeme ben, nenos. Pola rúa, circula un virus moi perigoso e non debemos saír da escola ata que se solucione o problema e o alcalde chame a todos os directores de todos os centros para avisar de que non hai perigo. Que a ninguén se lle ocorra abrir unha ventá ou saír fóra do edificio. ¿Entendido?

Todos dixemos que si e continuamos facendo exercicios e problemas matemáticos.
No cambio de clase, volvín  mirar pola xanela e non vin a ninguén, nin sequera aos "astronautas" eses que saían dos camións.

Todas as clases transcurriron normalmente ata que sonou a serea das 14:00. Nese instante, toda clase estaba fóra de si. Aunque estaba a nosa mestra diante, todos gritábamos e corríamos pola aula. A nosa profesora, Uxía, pediu silencio e comezou a falar:
-Xa sei que estades moi nerviosos e desexades volver ás vosas casas o antes posible, pero o alcalde aínda non chamou ao director e temos que permanecer todo o día no edificio.
Despois destas palabras, empezamos a gritar aínda máis, sabendo que teríamos moitas máis horas de clase.

Uxía continuou falando cando nos tranquilizamos un pouco máis:
-Non imos ter máis horas de clase das que temos sempre, pero eso si, os deberes hai que facelos. Por certo, a comida que se serve no comedor non puido chegar, entonces comeremos o que haxa na sala de profesores. Ninguén comerá máis nin menos, hai que racionar o alimento, pero tamén hai que repoñer forzas.

Todos os alumnos do colexio comimos nos pasillos. Eu tomei un anaco de biscoito de chocolate e un pouco de auga.
Despois fixemos os deberes na aula e cando rematamos, xogamos ao fútbol no ximnasio e estivemos opinando e debatindo sobre a situación.

Cando caeu a noite, amontonamos os pupitres e as cadeiras nun rincón e durmimos na aula cos colchóns do ximnasio.

Á mañá seguinte, o teléfono espertou ao director, que durmía pracidamente na súa cadeira do despacho. ¡Era unha chamada do alcalde! Aínda que o pasamos moi ben na escola, xa era hora de volver aos nosos fogares. E ese día, por suposto, non houbo clases.

Carmen Seoane Rodríguez, 6º B

Que pasaría se...

UNHA NOITE NO COLEXIO
Hoxe é domingo e estiven no colexio!! Non é normal estar un domingo no cole , pero todos os valentes quedaramos as 18:00 nas portas do colexio . Tiñamos un plan : colarnos no colexio ; Virxel ,Carlos , Óscar encargábanse da comida ; David ,Fernando e máis os dous Pedros baixaban as colchonetas do ximasio á aula. Os demais deberían pechar as portas ,
apartar as cadeiras e as mesas da aula para que puideran entrar as colconetas etc , etc...
Unha vez feito todo iso , saltamos todos na colchoneta do ximnasio , andamos nos ordenadores, baixamos ao patio; en fin... Diversión total.
Perooo... Apareceu a mestra Uxía na aula onde todos estabamos gritando e xogando . Nese momento xa pensabamos que nos expulsaban para sempre , pero
todo o contrario a mestra uniuse á festaaa!!!!
Ao final recollimos todo e a mestra colleu o autobús escolar e deixounos a cada un nas nosas casas .
Foi un día magnífico.
                                                                                                              Cristina Piñeiro Coira 6ºB

jueves, 10 de febrero de 2011

O bico de boas noites

                                                   
Todas as noites, ao acostarme, fágome a mesma pregunta cando a miña nai ven darme un bico de boas noites.
A pregunta é:  Por qué, segundo me dá o bico, tápame coa manta ata as orellas? ¡Mesmo no verán tápame moito; e mira que vai unha calor...!
Sempre lle pregunto por qué o fai, pero nunca me responde dunha maneira aclaratoria; dime: "Non o sei..., porque si".
E digo eu:   "E , por qué non?!"
Non sei por qué me tapa tanto pola noite , se pola mañá destápame toda e sácame da cama.

Andrea Bellón  6º B

miércoles, 9 de febrero de 2011

Monólogo: O Sangue

O Sangue! Que sería de nós se non tivésemos sangue?
O sangue é un zume de tomate que circula por unhas palliñas ata chegar ao corazón. Non sei por que, pero o corazón sempre está sedento de sangue
Non se cansará de beber sempre o mesmo?
Se eu fose o corazón, non bebería tanto sangue. Algunhas veces bebería, por exemplo, zume de laranxa.
Eu coido que se non tivésemos sangue, andariamos todos resecos, e os vellos irían como uns mortos, tétricos e descoloridos.
Se o sangue fose pintura de distintas cores, alguén daría esa escusa para pelexarse coa xente e dicir:
-É que se me acabou a pintura amarela, e sen ela non podo vivir. É cuestión de vida ou morte.
Ai, menos mal que non é o caso! Ademais é mellor que o corazón siga tomando o seu zume de tomate, porque se ata agora lle foi ben, abofé que no futuro tamén.
Alejandro Valle (6ºB)

martes, 8 de febrero de 2011

Mónólogo: Vivir Soa

VIVIR SOA
A min gustaríame vivir nunha casa eu soa sen os meus pais . Pero a casa onde vivan meus pais que estea cerca , por se me pasa calquera cousa. Gustaríame vivir soa , porque así podo poñer a música que a min me gusta , podo ver a tale sen que me cambien de canal os meus pais , comer o que eu queira e cando queira , andar no ordenador todo o tempo que desexe e durmirme á hora que me dea a gana.
Sería algo moi divertido poder vivir soa e poder facer o que eu queira sen que me boten a bronca.

IRIA VEIRAS GONZÁLEZ  6ªB

Monólogo: Eurovisión

               EUROVISIÓN
Meu Deus! Que forte, que forte! Unha galega, este ano, en Eurovisión. Vale! Ten unha voz bonita, e... viste ben. Dacordo! Pero menudo bodrio de canción! De vez en cando di : "Que me quiten lo bailao" E despois , todo o tempo soa así: "Furuburubu , Furuburubu , Furuburubu ..." "Tracotracooooo, Tracotracooooo..."
Mira que eu pensaba que a peor sempre sería a de : "Aserejé, ajá, a chúbiri, que chúbiri...". Esta canción daquel ano deixoume un trauma para toda a vida.
 Ben seguro que eu son quen de inventar mellores cancións durmindo!
- Groooo, fiuuuui, groooo, fiuuuui , mmmsmmsa, gggggg...
 Para o vindeiro ano... preséntome!!!!  Este ano rezarei para que España consiga un punto.Se o conseguimos ,chamo aos meus amigos e facemos unha festa.Fiestuki rika!

                                                                         Óscar Rodríguez   6º B

Monólogo: O Verán

    O VERÁN
Ai! O verán! Como me gusta a min o verán!
Estou na praia comendo esa empanada tan rica mentres me poño morena. O sol é o mellor porque con el estás quentiña. Métome na auga do mar e nado como se fose un pequeno peixe.
No verán estou feliz porque ademais non hai escola e podo durmir ata a hora que queira. No verán teño unha sonrisa de orella a orella. Márchome de vacacións unha semana a un sitio calquera e vou a un hotel con piscina.
Aii! Como me gusta! Oxalá que todo o ano fose verán.

Tania Silva 6ºB

Monólogo: A Lasaña

A LASAÑA

Huuummm! A lasaña que rica que está! Como estará de rica a lasaña de bonito!
Moitas veces, á noite, a miña avoa pregunta:
- Que queredes para comer, mañá?
E eu respondo:
- Lasaña, por favor.
Pero ao final sempre fai o que quere: patacas, ensalada ou albóndegas.
Que pena que a miña avoa soamente faga lasaña unha ou dúas veces ao mes!
Huuummm, ese sabor que ten que me perde en cada lámina de queixo!
O momento no que me perdo en cada capa de carne!
Se a terra fose de lasaña, teriamos que buscar outro planeta porque a comería enteiriña.


Virxel Vieitez García 6º B