sábado, 25 de mayo de 2013

GRAMPLIG
Durante esta semana os alumnos e alumnas de todo o cole disfrutaron dunha clase de Gramplig durante a hora de Educación Física.
David, que así se chamaba o mestre, ensinoulles algunha técnica deste deporte de loita, no que non se permiten os golpes.
Para mostra deixámosvos estas fotos.









sábado, 18 de mayo de 2013


RECIBIMOS A VISITA DE MARCOS CALVEIRO
O mércores estivo cos rapaces e rapazas do 3º ciclo Marcos Calveiro, autor de Palabras de auga.
Falaron con el das razóns que o levaron a escribir esta novela, de Jala, de Amadou, do Boma, das pedras negras, dos nenos soldados e sobre todo da situación aactual dos países africanos.
GRACIAS POLA TÚA VISITA!








jueves, 9 de mayo de 2013


ROBERTO VIDAL BOLAÑO
Como xa sabedes este ano 2013 a Real Academia Galega decidiu adicarlle o Día das letras Galegas a Roberto Vidal Bolaño.
Se queredes saber máis cousas sobre el, a súa vida, súa obra literaria, outros traballos que desempeñou... só tedes que clicar en cada unha das imaxes que aparecen a continuación.






jueves, 2 de mayo de 2013

VISITA A NOSTIÁN
O pasado martes os alumnos e alumnas de 6º visitaron a Planta de Tratamento de Residuos Urbáns de A Coruña.
Primeiro asistiron a unha charla e a continuación visitaron a nave a onde chegan os residuos orgánicos de A Coruña, alí o peor non era o olor senón comprobar que aínda que nesa nave só deberían chegar os residuos orgánicos aparecía basura de todo tipo: colchóns, pilas, envases...
Todos os que asistiron á visita chegaron a unha gran conclusión e é que a reciclaxe en orixe é o 1º paso para ter un mundo mellor.