Poesía-Teatro


Enlaces a obras infantís de teatro
Máis enlaces
Enlaces a cuentos y literatura infantil
Máis

ROMEO E XULIETA

ESCENA 3

(Entran a Sra. Capuleto, nai de Julieta, e a ama ou nodriza)

Sra. CAPULETO

Ama, onde está a miña filla? Dille que veña.

AMA

Xuro que a a mandei vir. Ei, ruliña! (Chamando e mirando cara onde vai entrar) Princesa! Por Deus, onde anda esa nena? Ei!, Xulieta!
(Entra X.)

XULIETA

Ola, quen me chama?

AMA

Túa nai ( apúraa con acenos da man)

XULIETA

Aquí estou, Sra., que queredes?

Sra. CAPULETO

Trátase de… Vaite, ama, temos que falar en privado

Volve, ama. Será mellor que escoites. Sabes que a miña filla xa é unha moza.

AMA

Sei exactamente a súa idade. Crieina desde que naceu.  (Mirando cara X) Fuches a nena máis fermosa que eu criei. Agora es a moza máis bonitiña e so desexo vivir para verte casada.

Sra CAPULETO

Pois de casamento viña eu falar. Dime, Xulieta, miña filla, Pensaches no matrimonio?

XULIETA

Non, Sra, Só penso en formarme e aprender.

Sra. CAPULETO

Poi, filla , eu coido que aos teus anos xa casara co teu pai.

XULIETA

Pero, nai, os tempos mudaron…




Sra. CAPULETO

Aquí en Verona , damas de rango da túa idade xa son nais.

XULIETA

Pero…

Sra. CAPULETO

Déixate de peros. O garrido Paris solicita a túa man.

AMA

Que home, mociña! Señora, un home coma non os hai hoxe en día… que digo! Un home ideal!...Ideal!  (Dá unha volta coas mans xuntas de Leticia. E  mirando cara X.) Un caravel, si, un auténtico caravel!

Sra. CAPULETO

Que dis? Podes amar a ese cabaleiro? Vas velo esta noite na nosa festa, no baile de disfraces que damos hoxe. Observa a harmonía das súas facciones e dos seus ollos.
Que dis?

XULIETA

Xa vos dixen que non desexo casar tan noviña… pero se vos agrada , bailarei con Paris e mirarei de amalo. (baixando a cabeza)

CRIADO

(Apurado) Sra., os convidados xa chegaron; a cea está servida. Preguntan pola señorita. E na cociña maldín a ama. Todos están nerviosos. Todo está revolto. Teño que ir servir e prégovos que veñades decontado.
(Saen todos e córrese o telón)

ESCENA 5

(Pódese suprimir) (Están os criados recollendo os manteis e preparando para o baile)
CRIADO PRIMEIRO
Onde está Cazolo, que non axuda a recoller, non recolleu un prato, non fregou un prato!
CRIADO SEGUNDO
Si, sempre apandamos os mesmos co traballo.
CRIADO PRIMEIRO
Hai que deixar todo preparado para o baile
(Colocan asentos)

CRIADO SEGUNDO
Xa se sinten  (con ademán de escoitar) Xa entran os convidados ( Entran Capuleto e a Sra. Capuleto,  Xulieta,  tebaldo e  a Ama . Os criados saúdanos con reverencia.
CAPULETO
Facede entrar aos convidados. (comenzan a entrar)
Benvidos , señores! As damas bailarán con vós.      (    )  Veña, miñas donas! Quen se nega a bailar. Música!  Que soe a música!
(soa, e comenzan a bailar un minuto. Stop. Vanse e charlan dando as costas ao público nunha esquina . menos luz) (no outro extremo, separados cun biombo entran Romeo, Mercurio e Benvolio con máscaras na man)
***?
ROMEO
Recitamos o parlamento de costume ou entramos sen máis ceremonia?
BENVOLIO
Hoxe xa non se levan esas fórmulas. Mira, que nos tomen polo que queiran. Nós botamos un baile e liscamos.
ROMEO
Eu non estou para bailes, agardareivos aquí.
MERCURIO
Deso nada, xentil Romeo! Queremos que bailes!
BENVOLIO
Chamade e entremos. E despois a mover as pernas.
(Poñen as máscaras e avanzan polo escenario)

CAPULETO
(dirixíndose a eles) Que ben , que viñeron estas máscaras inesperadas!
(Soa de novo a música e póñense a bailar. Baixa a música)
ROMEO
( a Mercurio)
Quen é esa dama que adorna a man daquel cabaleiro?
MERCURIO
Non o sei
ROMEO
Brilla máis que a luz da lúa. Fermosura demasiado valiosa para este mundo. Unha branca pomba entre corvos semella esa dama ene as demáis. Rematado o baile verei onde senta, para que a súa man bendiga a miña. Amei alguna vez?  Ollos , negádeo. Nunca ata agora vira a verdadeira fermosura.
TEBALDO ( sobriño de C)
Ese , pola vo, é un Montesco. Vai buscar o meu estoque, rapaz. (Sae) Como ousa ese infame vir aquí con esa carauta a burlarse e aldraxar a nos celebración? Pola miña honra e familia, que matalo aquí non é pecado.
CAPULETO     Que ocorre , sobriño?  Por que te alporizas?
TEBALDO
Tío, ese é un Montesco, un inimigo noso. Un canalla que con maldade vèn facera burla da nosa festa.
CAPULETO ¿Non é Romeo?
TEBALDO
O mesmo : ese ruín Romeo.
CAPULETO    
Acouga , querido sobriño. Déixao en paz. Compórtase como cumprido cabaleiro e, a  dicir verdade,  toda Verona gaba a súa xentileza e discreción. Nin por todo o ouro desta cidade lle faría unha afronta na miña casa. Calma, pois, e déixao estar.   É unha orde. E se me respectas , móstrate amable e…desengurra (sinalando) o entrecello, que non é axeitado para unha festa.
TEBALDO
È axeitado se o convidado é un canalla. Non o penso aturar!
CAPULETO
Terás que aturalo, meu rei, porque …o digo eu e  BASTA. Quen manda aquí, ti ou eu?
Que non o aturas! Deus me valla! Vas provocar un altercado na miña festa?

TEBALDO
Pero tío…, é unha vergonza!
CAPULETO
(Berrando)Basta xa .Es un insolente . Unha vergoña, eh? (os do baile rodéanos)
Levarme a min a contraria!. Es un desvergoñado. Cala ou…(levanta o brazo cara el).   Eu farei que te calmes. (ollando para os convidados) Alegría, que a festa continúe!
TEBALDO
Calma imposta á forza, faime tremer o corpo. Retírome, pero esta aceptación de Romeo agora doce hase converter en amargo drama. (sae)
ROMEO
(Cara a  Xul.) Se coa miña man indigna, profano este santo relicario, este será o meu castigo: os meus beizos , ruborizados peregrinos, prestos están a suavizar esta rudeza cun tenro bico.
XULIETA
Os beizos , peregrino, son para rezar
ROMEO
Santa adorada, entón que os labios fagan o que fan as mans: rezar
(Bicáa)
AMA
Xulieta, a túa nai quere falar contigo. (X. vai cara a nai)
ROMEO
Quen é a súa nai?
AMA
A súa nai  é a Sra. Da casa. Eu criei a súa filla coa que agora falabades. Asegúrovos que quena leve , leva un tesouro.
ROMEO
É unha Capuleto? Meu Deus! Que alto prezo! A miña vida en débeda co inimigo.
 
BENVOLIO
Veña, vamos, que a festa se acaba.
CAPULETO
Grazas a todos, honorables, señores; boas noites. Abofé que é tarde e xa é hora de se deitar.
(Saen todos detrás del, agás Xul. E a ama)
XULIETA
Ven, ama. Quen é aquel cabaleiro

AMA
Mellor non cho digo, miña querida
XULIETA
Por Deus, dimo, dimo. Xa non poderei durmir.
AMA     
Chámase Romeo e é un Montesco, o fillo único do teu maior inimigo
XULIETA
NOOON! Non pode ser. Amor nacido do odio! Antes visto que coñecido. Malfadado nacemento do amor. Véxome  enamorada do meu maior inimigo (Saen X. cabizbaixa e apoiada na Ama)

                                                                             




ACTO II
(TODO A ESCURAS)
BENVOLIO
Romeo! Primo Romeo! Romeo! Veu correndo e saltou o muro deste xardín. Debeuse ocultar entre as árbores. Cego é o seu amor e cadra ben coa escuridade. Romeo, romeo! Boh,  é inútil buscar a quen non quere aparecer. Lisco daquí. (sae)
ROMEO
                Búrlase das cicatrices quen nunca recibiu feridas. Silencio. (luz de lanterna no teatriño de títeres)  Que luz alumea nesa fiestra? É o nacente, e Xulieta, o sol. Asómate , sol radiente, e vence á lúa que está pálida de dor, porque ti es a doncela máis fermosa.       (Aparece XUL., arriba)
                É a miña dama! É Xulieta! Oh Xulieta, meu amor!   Mirade como apoia a meixela na man!  Oxalá fose eu a luva desa man para poder tocar a súa meixela .



XULIETA
Ai de min!
ROMEO (Cara o público) Falou. Si, si falou.  Volve falar , anxo radiante.
XULIETA
Oh, Romeo, Romeo. Por que tés que  ser Romeo? Nega ao teu pai e rexeita o teu nome, ou xúrame amor e eu deixarei de ser unha Capuleto.
ROMEO
Sigo escoitando ou debo falar?
XULIETA
Que é un nome? Romeo , cambia de nome.
ROMEO
Cólloche a palabra. Chámame “amor” e quedarei bautizado con ese nome. Xa non me chamarei máis Romeo.
XULIETA
AI! Quen es ti que oculto na noite invades os meus segredos?          
ROMEO
Cun nome non sei decir quen son. O meu nome, adorada santa, resúltame odioso, porque é o teu inimigo.
XULIETA          
Apenas te oín falar e xa coñezo o son das túas palabras. Non es ti Romeo?,un Montesco?
ROMEO
Non serei nin o  un,  nin o outro , se  che desagrada, fermosa dama , serei o que ti queiras.
XULIETA
Como é que estás aquí , e por que?  Muro do xardín é alto e difícil de escalar. E por ser un Montesco, un lugar perigoso para ti, se algún parente meu te atopa.

ROMEO
                Coas ás do amor saltei o muro, pois para o amor non hai barreiras. Non me asustan os teus parentes. Se non me amas que me atopen. Mellor calquea cousa que pasar a vida sen o teu amor.

XULIETA
                O veo da noite oculta o meu rostro, e o rubor das miñas meixelas . Xentil Romeo, se me amas dimo de verdade, e eu creeite.

ROMEO
                Xuro pola Lúa, xuro polo sol, xuro pola luz dos meus ollos… Xuro por min mesmo que te amo perdidamente.

XULIETA
                Non xures. Aínda que sexa a miña Leticia oírte, non me alegra o acordo desta noite. É demasiado rápido, brusco e imprudente. Deberemos deixar pasar un tempo.      Boas noites, amor. Adeus, adeus. Que o noso amor continúe cando nos volvamos ver.

ROMEO
                Vas deixarme xa?  Intercambiemos xuramentos de amor.

XULIETA
Sinto voces dentro. Adeus, amor meu!      (A Ama cham desde dentro)
Xa vou , ama! Agarda un intre , xentil Romeo, volvo axiña.
ROMEO
Ah, bendita noite. Temo po ser noite que todo sexa un soño, demasiado fermoso para ser verdade
(Entra Xuliet arriba)

XULIETA
                Dúas palabras, meu Romeo, e boas noites. Se o teu amor é honesto, e a túa finalidade o matrimonio, dime mañá, por alguén que che enviarei, cando e onde será a ceremonia. E serei a túa esposa , meu amor, paratoda a vida.

AMA
                (desde dentro) Xulieta!

XULIETA        Xa vou!

AMA
                (desde dentro) Xulieta!

XULIETA
                Agora mesmo vou! Mil veces boas noites, Romeo,. Mañá mandarei a laguen.
ROMEO    Pola miña alma! ( Encéndese a luz)

(Sae e atopa a frei Lourenzo)

ROMEO
                Bo día, padre
                              
FREI LOURENZO
                Que voz tan madrugadora me súda? Fillo , levantarse tan cedo do leito indica inquietude do ánimo, que desacougo te invade? Ou , de non ser así , e seguro q acerto, o noso Romeo aínda non se deitou

ROMEO
                Certo

FREI LOURENZO
Onde pasaches a noite?

ROMEO
                Direillo. Fun á festa dos Capuleto , os  inimigos do meu pai. E… de súpeto a fermosísima Julieta feriume de amor, e eu ferina a ela. Precisamos da súa axuda.

FREI LOURENZO
                Fala claro!


ROMEO
Pois falando claro, súa é a miña alma, e miña a súa. Por iso como as nosas familias non permitirán a nosa unión, rógovos que nos una axiña en santo matrimonio. Prégolle , padre que nos case hoxe mesmo.

FREI LOURENZO
                S. Francisco bendito!
ROMEO
                Desaproba o meu amor  por Xul.?
FREI LOURENZO
UUMM!  Axudareite por unha razón: Este matrimonio , cecais pode ser, o único que acabe co odio e rencor entre as vosas familias .

ROMEO
                (bicándolle a man) Como o Quero, frei Lourenzo. Imos xa , que teño presa.
 FREI LOURENZO
                Ei, oh! Prudencia e amodo, Romeo, que quen corre ropeza
                (saen)


ESCENA 3         (Entran Benvolio, primo de R e Mercurio, amigo)

MERCUCIO
                Onde raios se metería Romeo?

BENVOLIO
                Na casa de su pai non durmiu. Tebaldo, o sobriño do vello Capuleto, envioulle unha carta para retalo.

MERCUCIO
Claro! Foi por atreverse a asistir á festa e falar coa súa prima Xul.

BENVOLIO
                Romeo darálle rsposta, non te ptreocupes.
MERCUCIO
                Ai! Non sei. O pobre Romeo tan namorado…! non sei se estará para enfrontarse a Tebaldo. Ah (ollando para un extremo) Velaí vén Romeo, velaí está Romeo.

ROMEO
                Bos días aos dous
(Entra a Ama co seu paxe Pedro)
MERCUCIO
                (cara ela, ao lonxe, e ríndose) Vaia  marcha!

AMA   Pedro!

PEDRO
                Vou 
AMA   O abano, Pedro

MERCUCIO
                Para tapar a cara, Pedro, q a cara do abano é máis belida cá d túa ama.

AMA                     Bo día, cabaleiros. Pode algún dicirme onde podo atopar ao mozo chamado Romeo?

ROMEO
                Eu son.
AMA                     Pois se sodes o tal Sr que busco, quixera falar a soas con vós (mirando de esguello e despectivamente aos outros)

MERCUCIO

                Romeo hoxe comemos na casa do teu pai? Vés con nós?

ROMEO
                Ide indo, que agora vos alcanzo.

MERCUCIO e BENVOLIO
                Adeus, venerable, Sra.   Adeus, Sra. Sra. ,adeus          (Saen rindo)

AMA
                Que moinantes e groseiros! E, ti (dirixíndose a Pedro) aí de pasmarote

PEDRO
                Ama, queres que vaia tras deles e lles dea o su merecido? Se queres  saco axiña a miña arma . Non me dá medo pelexarme con eles.

AMA
                Non, non . aquí os homes sempre dispostos a pelexar. Así non hai quen progrese. Ai, Deus! Que animaliños! Cando virán outros tempos máis civilizados! Bueno , ao que iamos.

Como vos dicía ( a Romeo), a miña ama mandoume buscarvos .

ROMEO
                Dille que morro por ela. Por favor, ama dille que o meu amor e serio e santo.
 AMA
                Direille que a min parécesme sinceiro e todo un cabaleiro.

ROMEO
                Dille que invente un pretexto para ir confesar esta tarde á igrexa de frei lourenzo. Alí estarei eu .E alí mesmo F Lourenzo nos confesará e casará.

AMA
                Esta tarde, Sr.? Deus nos colla confesados. Esta tarde alí estará. Que Deus vos bendiga.       Vamos , Pedro

(saen


                                                               ESCENA 4

XULIETA
                Nerviosa)  Daban as  nove cando enviei a Ama.   . Prometeu volver axiña. Quizais non o atopou. Non pode ser.     É q anda devagar.  Os mensaxeiros do amor deberían ser mil veces máis lixeiros que os aios do sol.       Son as doce. Das nove ás doce van tres longas horas e aínda non volveu.
                (Entra a Ama con Pedro, veñen aprésa, ela respira con dificultade)
Ai, Deus! Aquí está. Ama , querida, víchelo? Que me dis! Despide a Pedro
E cóntame , por Deus

AMA                     Pedro, agárdame fóra.

XULIETA

Ai, ama , que mala cara tés. Traes malas noticias?

AMA
                Estou  derreada, déixame tomar folgos. Que carreira! Dóenme todos os ósos. (tocando ás cadeiras e limpando a suor)

XULIETA
                Daríache os meus ósos polas túas novas. Veña , fala,querida ama, fala

AMA                                     Xesús , que présas! Non podes agardar un anaco? Non vés que estou sen alento?

 XULIETA
                Como é que estás sen alento , se o tes para me decir que non o tés?
Son boas ou mala novas? Contesta . Di si ou non. E despois espero para os detalles.    Contéstame : Son boas ou malas?

AMA
                Romeo é tenro coma un cordeiriño
XULIETA
Ai! Que di de matrimonio, que di?

AMA
Señor, Que dor de cabeza teño! Como me doe! Báteme como se me fose estoupar en cen anacos.            E este costado, ai, as miñas costas!


XULIETA
                Sinto moito que non esteas ben, querida ama, pero  que di o meu amor?

AMA
                O teu amor di como cabaleiro,  xentil , nobre e agarimoso que é que..
Onde está a túa nai?


XULIETA
Que onde está a miña nai? Vasme volve tola. Que onde está a miña nai? Na casa. Onde había estar. Que estraña desposta.             O teu amor di como cabaleiro xentil… onde está a túa nai?  (baixa e zarandéaa)

AMA      Ave María Purísima. Que remedio para ador dos meus ósos.
XULIETA
                Cantas reviravoltas. Que di meu Romeo?

AMA
                Tes permiso para irte confesar? Si o tés, vai á igrexa de frei Lourenzo esta tarde. Alí agárdate un marido, Romeo,  para facerte esposa. E agora corre á igrexa , que eu vou xantar.

XULIETA
Vou correndo á felicidade. Adeus querida ama   (saen)
(Entran frei Lourenzo e Romeo)
                                                              
ESCENA 5 PÁX. 91
NARRADORA- CORO
                E así foi como frei Lourenzo casou aquela tarde este par de tortoliños, mais a felicidade de Romeo e Xulieta pouco duraría. Se aínda non estades cansos e queredes  que continuemos, veredes o final dramático  desta obra do S. XVI.

(Entran  Mercucio, Benvolio e criados)

BENVOLIO
                Prégoche , bo Mercucio, retirémonos. É un día abafante, con esta calor ferve o sangue. Se nos atopamos cos Capuletos teremos pelexa.

MERCUCIO
                Si, si, ti vaite de bo, que ben te coñezo.  En canto tes un vaso de máis ben che gusta desenvainar contra calquera, sen ningunha necesidade.

BENVOLIO
                Eu son deses? (Chulito) e que máis?
                (Entran Tebaldo e os demais)
MERCUCIO
                Cala, cala e acouga , velaí veñen os Capuletos!

TEBALDO
                Boas tardes, cabaleiros. Mercucio,  ti es da banda de Romeo?
MERCUCIO
                Da banda? Seica nos tomas por músicos? Pois nese caso este é o arco do violín ( ensina a vaina da espada, agraesivo)  Queres bailar ao son deste violín?

BENVOLIO
                Estamos a falar no medio da rúa. Razoemos con calma. Aquí todos os ollos nos miran.

MERCUCIO
                Os ollos son para mirar: que miren. Eu non me movo.
                               (Entra Romeo)
TEBALDO
                Quedade en paz, Srs. Aquí está o home que busco.  Romeo, so podo dirixirme a ti dicindo que es ruín, ( dando un paso cara el) pero que moi ruín!

ROMEO
                Tebaldo, teño razóns por ti descoñecidas, para  que os dous manteñamos boas relacións (pásalle a man polo ombro, pero el sácalla) . Non son ningún ruín. Adeus (dáse a volta e marcha)
TEBALDO
                Iso non escusa as ofensas que me fixeches. Volve e desenvaiña.
ROMEO
                De verdade que hai novas razóns para que nos teñamos afecto. Pídoche que , mentres non as saibas, me creas  que o nome dos Capuleto, antes inimigo é agora un nome que quero tanto coma o meu. Así pois , Tebaldo, bo curmán de  Xulieta, vai en paz.

MERCUCIO
                Nada de rendirnos! (desenvaina) Tebaldo, cazarratas, imos?
TEBALDO
                Que queres de min?
MERCUCIO
                Rei dos gatos, só unha das túas sete vidas. Farei con ela o que me pete , e logo igual lle dou unha malleira ás outras seis.

TEBALDO
                (desenvaina) aquí me tes.
ROMEO
                Desarmémolos , Benvolio! Cabaleiros, evitade este escándalo. O príncipe prohibiu as liortas nas rúas de Verona. Basta tebaldo. Basta Mercucio.

( Tebaldo fere a Mercucio quen cae ao chan laiándose, mentres el foxe cos seus)

MERCUCIO
                Estou malferido. Malditas   familias!   Benvolio,  leváme ao médico que me desmaio. Malditas familias! (Cae morto e é arrastrado fóra por Benvolio)

ROMEO
                Oh, que mala sorte! Agora estou obrigado a vengar a morte de Mercucio, por ser parente do Príncipe, e terei que loitar con Tebaldo , quen desde hai unha hora é o meu primo . ( erguendo os brazos )   Oh, miña Xulieta! (coas mans sobre a cabeza)
               
                (Entra Tebaldo)

                Tebaldo, devólvoche o ruin que me chamaches. A alma de Mercucio está agardando pola túa. Ti, eu, ou os dous iremos con el.

TEBALDO
                Irás ti
ROMEO
                O aceiro decidirá
                               ( Loitan e cae Tebaldo)











BENVOLIO         Fuxe, Romeo, lisca. Non quedes aí pasmando. Se te collen o Príncipe condenarate a morte. Vaite, fuxe.
ROMEO
                (Saíndo moi agobiado) Son un xoguete do destino.

                (Vanse todos e Romeo ao saír atópase con frei Lourenzo)

FREI LOURENZO
                Escoita Romeo, tes que ir ao desterro. Tes que marchar de Verona, senon préndente. Márchate antes de que se monte a garda , pois senon , non poderás pasar a Mantua onde vivirás ata o momento  oportuno no que revelemos a voda entre ti e Xulieta,  se reconcilien as familias e poidas obter o perdón do Príncipe.
                Vaite xa. Farei que o teu paxe de cando en vez che leve noticias de aquí. Dame a man . Adeus. Boas noites.

ROMEU
                Adeus.

                                               ESCENA 4

(Entran  Sr. ,  Sra.Capuleto e Paris)
PARIS
                Os momentos de dor non son bos para o amor. Volveri Outro día  (saúdao a el)Boas noites.   Sra. Encomendádeme a vosa filla ( cara a el)

Sra. CAPULETO
                Así o farei.  Boas noites , conde Paris.  (Este vaise cara a saíada)

CAPULETO                                                    
                Conde Paris,( Achegándose a el, nun extremo) os acontecementos foron moi degraciados. Xulieta , a nosa filla, quería moito ao seu primo Tebaldo  e está moi triste, pero agora creo que se deixará guiar por min. Podo asegurarvos. que a convencerei de que esta mesma semana, o xoves, case contigo. Que me decides?

PARIS
                Este xoves?  Sr. , quixera que mañá fose xoves.


CAPULETO
                Moi ben. Agora acompañareivos á saída. (cara ela) Ti vai ver a Xulieta. E prepáraa para o día da súa voda co conde Paris

(Saen O Sr. Cap e Paris)
SRA. CAPULETO
                (chamando )Xulieta, filla
XULIETA
                Si, miña nai (entra)
SRA. CAPULETO
                Ven, ven . Senta aquí (Sentan as dúas). Ai filla  , tes un pai moi rápido ( acaríñaa) que par apartarte do sufrimento pola morte do teu primo, dispuxo , de súpeto, un día de ledicia, que nin te podes imaginar!
XULIETA
                Que        ben! De que se trata?
 SRA. CAPULETO
                Miña filla, o próximo xoves, o nobre cabaleiro, o conde Paris, na igrexa de S. Pedro convertirate nunca esposa feliz.
XULIETA
                (Levantándose enfadada)  Pola igexa de S. Pedro, e por s. Pedro,que non fará de min unha esposa feliz.
                Abráiame esta présa por casar. Antes casaría  con Romeo, a quen odio, antes que con Paris. Xa o sabedes ( golpea o chan co pé e crúzase de brazos) (Entra o pai)
SRA. CAPULETO
                Aí vén teu pai. Dillo ti mesma
XULIETA
                Querido, pai, prégovos de xeonllos : Non me cases co conde Paris.
SR. CAPULETO
                Desvergoñada, mala filla. Cala , non repliques. Non hai mais q falar ata o xoves. Ese día na igrexa de S.Pedro. Se non vas polas boas , será polas malas. Levareite a rastro. (Sae e tras el a esposa chorando)

(entra Ama e atópaa no chan chorando)

XULIETA
                AI, DEUS! Ama, ¿Cómo se pode evitar isto? Que dis ti? Aconséllame. Dame unha palabra de consolo, ama.
AMA
                AI , MIÑA RULA! A situación é difícil. Romeo está desterrado. Tal vez non volte mais. Penso que é mellor que cases co conde Paris.

Mira, Paris é un cabaleiro garrido. Romeo, ao su lado e un farrapo de gaita( despectivamente)
XULIETA
                PERO, AMA, Falas co corazón?
AMA      E coa alma tamén
XULIETA
Amén. ( despois dun anaco pensativa). Foi un gran consolo. Avisa a miña nai quae vou confesar con frei lourenzo.
AMA      vou, vou. É mellor así, miña nena.  (Sae)
XULIETA
                Condenada vella! Pérfido demo!. Irei pedir consello ao frade.      Se todo falla, teño forzas para me matar.

ACTO IV         (RESUME NARRADO) OU PÁX.142  ( NO CASO DO RESUME , CONTINUARASE NA PAX 154
                              
                               Adaptación: Uxía Villarino CURSO 2010-11