lunes, 28 de octubre de 2013

Poemas 5º 2013/2014

          Samaín

O outono xa está aquí,
e con el o Samaín.
Todos xuntos na fogueira,
nesta noite tan festeira.

É unha festa galega,
a mellor de todas elas.
Rapaces e rapazas,
crean as súas cabazas.

A cabaza teñen que baleirar,
xa que un monstruo han crear.
Sacan as súas sementes,
para logo dar medo a xente. 

Antía Solar 5ºB 


miércoles, 23 de octubre de 2013

POEMAS 5º 2013/14


  O OUTONO

O outono xa chegou
diante dos nosos fuciños
as follas caen ó chan
xa chega o San Martiño.

O meu porco xa o sabe
nótollo na mirada
come porquiño, come
que farás boa churrascada.

Os días viranse grises
e da gusto un bo xantar
todos xuntos e felices
na calor dun bo fogar.

Mais non vos acostumedes moito
que o inverno está ao chegar
pero a min bo che me importa
teño un porco por papar.

Mais el está enfadado
non me deixa de berrar
que che vou facer porquiño!
Temos que manducar.

E así remata o ano
con auga e aire frío
por iso métome na cama
na compaña do meu libro.
 Patricia Mosquera Aranguren 5ºB