domingo, 18 de octubre de 2015

PROXECTO EDUCACIÓN VIAL

Como xa saberedes dende o colexio estamos poñendo en funcionamento un proxecto de Educación Vial, e está tendo moi bo resulatado.

Tanto é así que distintos medios de comunicación xa se puxeron en contacto con nós para coñecelo.

Se queredes saber un pouquiño máis aquí vos deixo varios enlaces nos que podedes ver fotos, videos de como están quedando os corredores do noso cole  e de como nos movemos por eles, sempre respectando as normas de circulación, e mesmo unha entrevista en Ondacero ao noso mestre de EF, Alfonso, explicando o proxecto.

OndaCero (aproximadamente no minuto 6´30´´)


Tele 5 (proximamente)



domingo, 20 de septiembre de 2015

SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE

A semana pasada os alumnos de 6º patriciparon nas actividades da Semana Europea da Mobilidade invitados polo concello da Coruña en colaboración coa Policía Local. 

Estas actividades axudarannos na elaboración dun proxecto de educación vial que poñeremos en funcionamento no noso centro este mesmo curso.

Deixámosvos unhas fotos da saída.








jueves, 18 de junio de 2015

ALBERGUE DA MERCED (SANTA CRUZ)

O mércores 16 de xuño os alumnos/as de 6º tivemos a nosa derradeira saída como alumnos de primaria.

Pasamos o día no albergue da Merced en Santa Cruz.

Fixemos actividades na praia con canoas, rocódromo, tiro con arco, ping-pong,... Como ía moi bo día aproveitamos para comer nun parque próximo á praia, de postre un xeado e de volta ao albergue para realizar a última actividade... a busca do tesouro.

Que día máis divertido!