lunes, 28 de octubre de 2013

Poemas 5º 2013/2014

          Samaín

O outono xa está aquí,
e con el o Samaín.
Todos xuntos na fogueira,
nesta noite tan festeira.

É unha festa galega,
a mellor de todas elas.
Rapaces e rapazas,
crean as súas cabazas.

A cabaza teñen que baleirar,
xa que un monstruo han crear.
Sacan as súas sementes,
para logo dar medo a xente. 

Antía Solar 5ºB 


miércoles, 23 de octubre de 2013

POEMAS 5º 2013/14


  O OUTONO

O outono xa chegou
diante dos nosos fuciños
as follas caen ó chan
xa chega o San Martiño.

O meu porco xa o sabe
nótollo na mirada
come porquiño, come
que farás boa churrascada.

Os días viranse grises
e da gusto un bo xantar
todos xuntos e felices
na calor dun bo fogar.

Mais non vos acostumedes moito
que o inverno está ao chegar
pero a min bo che me importa
teño un porco por papar.

Mais el está enfadado
non me deixa de berrar
que che vou facer porquiño!
Temos que manducar.

E así remata o ano
con auga e aire frío
por iso métome na cama
na compaña do meu libro.
 Patricia Mosquera Aranguren 5ºB



miércoles, 19 de junio de 2013

EXCURSIÓN Á FERVENZA DO TOXA
Este ano os alumnos e alumnas de 6º de primaria despedíronse do colexio cunha excursión á Granxaescola Fervenza do Toxa.
Foron dous días moi intenso con actividades moi variadas: escalada, tirolina, tiro con arco, orientación con GPS, animais da granxa e do bosque e como non... ruta de senderismo ata a Fervenza do Toxa.
Recordade que o mellor que vos levades son as amizades que fixestes ao longo de toda a primaria, procurade mantelas. 
¡Que teñades moita sorte alá donde vos leven os vosos estudos!

sábado, 25 de mayo de 2013

GRAMPLIG
Durante esta semana os alumnos e alumnas de todo o cole disfrutaron dunha clase de Gramplig durante a hora de Educación Física.
David, que así se chamaba o mestre, ensinoulles algunha técnica deste deporte de loita, no que non se permiten os golpes.
Para mostra deixámosvos estas fotos.









sábado, 18 de mayo de 2013


RECIBIMOS A VISITA DE MARCOS CALVEIRO
O mércores estivo cos rapaces e rapazas do 3º ciclo Marcos Calveiro, autor de Palabras de auga.
Falaron con el das razóns que o levaron a escribir esta novela, de Jala, de Amadou, do Boma, das pedras negras, dos nenos soldados e sobre todo da situación aactual dos países africanos.
GRACIAS POLA TÚA VISITA!








jueves, 9 de mayo de 2013


ROBERTO VIDAL BOLAÑO
Como xa sabedes este ano 2013 a Real Academia Galega decidiu adicarlle o Día das letras Galegas a Roberto Vidal Bolaño.
Se queredes saber máis cousas sobre el, a súa vida, súa obra literaria, outros traballos que desempeñou... só tedes que clicar en cada unha das imaxes que aparecen a continuación.