miércoles, 23 de octubre de 2013
POEMAS 5º 2013/14
O OUTONO
O outono xa chegou
diante dos nosos fuciños
as follas caen ó chan
xa chega o San Martiño.
O meu porco xa o sabe
nótollo na mirada
come porquiño, come
que farás boa churrascada.
Os días viranse grises
e da gusto un bo xantar
todos xuntos e felices
na calor dun bo fogar.
Mais non vos acostumedes moito
que o inverno está ao chegar
pero a min bo che me importa
teño un porco por papar.
Mais el está enfadado
non me deixa de berrar
que che vou facer porquiño!
Temos que manducar.
E así remata o ano
con auga e aire frío
por iso métome na cama
na compaña do meu libro.
Patricia Mosquera Aranguren 5ºB
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Muy chula!
Muy chula!!!!
Publicar un comentario