martes, 8 de febrero de 2011

Monólogo: Eurovisión

               EUROVISIÓN
Meu Deus! Que forte, que forte! Unha galega, este ano, en Eurovisión. Vale! Ten unha voz bonita, e... viste ben. Dacordo! Pero menudo bodrio de canción! De vez en cando di : "Que me quiten lo bailao" E despois , todo o tempo soa así: "Furuburubu , Furuburubu , Furuburubu ..." "Tracotracooooo, Tracotracooooo..."
Mira que eu pensaba que a peor sempre sería a de : "Aserejé, ajá, a chúbiri, que chúbiri...". Esta canción daquel ano deixoume un trauma para toda a vida.
 Ben seguro que eu son quen de inventar mellores cancións durmindo!
- Groooo, fiuuuui, groooo, fiuuuui , mmmsmmsa, gggggg...
 Para o vindeiro ano... preséntome!!!!  Este ano rezarei para que España consiga un punto.Se o conseguimos ,chamo aos meus amigos e facemos unha festa.Fiestuki rika!

                                                                         Óscar Rodríguez   6º B

1 comentario:

Clara dijo...

Xa... Por fin unha galega a Eurovisión!
Eu creo que a canción ten ritmo, e ademais, é pegadiza.
Oxalá que quedemos nun bo posto!

Óscar,encántame o teu sentido do humor, fixéches un fantástico monólogo!