martes, 8 de febrero de 2011

Monólogo: A Lasaña

A LASAÑA

Huuummm! A lasaña que rica que está! Como estará de rica a lasaña de bonito!
Moitas veces, á noite, a miña avoa pregunta:
- Que queredes para comer, mañá?
E eu respondo:
- Lasaña, por favor.
Pero ao final sempre fai o que quere: patacas, ensalada ou albóndegas.
Que pena que a miña avoa soamente faga lasaña unha ou dúas veces ao mes!
Huuummm, ese sabor que ten que me perde en cada lámina de queixo!
O momento no que me perdo en cada capa de carne!
Se a terra fose de lasaña, teriamos que buscar outro planeta porque a comería enteiriña.


Virxel Vieitez García 6º B

1 comentario:

Clara dijo...

A min tamén me gusta a lasaña!
Qué pena que as avóas fagan outro tipo de comidas, como: ovos, patacas...

Compréndote Virxel!

O teu monólogo é moi orixinal.