sábado, 12 de febrero de 2011

Unha noite na escola

Unha noite na escola

Fai algo de tempo, na cidade de A Coruña, ocorreu algo completamente fóra do normal.
Sobre ás 08:50, coma sempre, cheguei á escola Wenceslao Fernández Flórez. Nunha esquina do patio atopábanse os meus amigos. Todos conversaban de cousas normais: de videoxogos, de programas de televisión ou de fútbol. Ninguén sospeitaba que ocorrese o que estaba a piques de ocorrer nun día tan corrente.
Cando deron as 09:00, todos os alumnos do colexio ocuparon os seus lugares nas filas e subiron ás súas aulas.

Ao chegar á nosa clase, a todos nos sorprendeu que o profesor de Matemáticas xa estivese alí. Comezou a explicar o novo tema que iamos dar: as potencias e as raíces. Como xa sabía moito do asunto, estiven mirando pola fiestra a xente que pasaba. Pero algo me asombrou moito: unhas persoas vestidas con buzos brancos e máscaras saían duns camións, tamén brancos, e colocaban carteis en moitos edificios. Estes dicían: "Por favor, refúxiense nas súas casas. Polo aire circula un virus altamente perigoso e contaxioso." Ao ler estas palabras, asusteime tanto que, rapidamente, pechei a ventá que tiña á miña esquerda. Toda a clase escoitou o ruído da fiestra, incluído o profesor. Expliqueille o que lin nos carteis e el tamén se alarmou. Tan grande foi o seu susto que fuxiu correndo da aula. Mentres non estaba, comezamos todos a falar. Cando volveu, un pouco máis calmado, dixo:
-Escoitádeme ben, nenos. Pola rúa, circula un virus moi perigoso e non debemos saír da escola ata que se solucione o problema e o alcalde chame a todos os directores de todos os centros para avisar de que non hai perigo. Que a ninguén se lle ocorra abrir unha ventá ou saír fóra do edificio. ¿Entendido?

Todos dixemos que si e continuamos facendo exercicios e problemas matemáticos.
No cambio de clase, volvín  mirar pola xanela e non vin a ninguén, nin sequera aos "astronautas" eses que saían dos camións.

Todas as clases transcurriron normalmente ata que sonou a serea das 14:00. Nese instante, toda clase estaba fóra de si. Aunque estaba a nosa mestra diante, todos gritábamos e corríamos pola aula. A nosa profesora, Uxía, pediu silencio e comezou a falar:
-Xa sei que estades moi nerviosos e desexades volver ás vosas casas o antes posible, pero o alcalde aínda non chamou ao director e temos que permanecer todo o día no edificio.
Despois destas palabras, empezamos a gritar aínda máis, sabendo que teríamos moitas máis horas de clase.

Uxía continuou falando cando nos tranquilizamos un pouco máis:
-Non imos ter máis horas de clase das que temos sempre, pero eso si, os deberes hai que facelos. Por certo, a comida que se serve no comedor non puido chegar, entonces comeremos o que haxa na sala de profesores. Ninguén comerá máis nin menos, hai que racionar o alimento, pero tamén hai que repoñer forzas.

Todos os alumnos do colexio comimos nos pasillos. Eu tomei un anaco de biscoito de chocolate e un pouco de auga.
Despois fixemos os deberes na aula e cando rematamos, xogamos ao fútbol no ximnasio e estivemos opinando e debatindo sobre a situación.

Cando caeu a noite, amontonamos os pupitres e as cadeiras nun rincón e durmimos na aula cos colchóns do ximnasio.

Á mañá seguinte, o teléfono espertou ao director, que durmía pracidamente na súa cadeira do despacho. ¡Era unha chamada do alcalde! Aínda que o pasamos moi ben na escola, xa era hora de volver aos nosos fogares. E ese día, por suposto, non houbo clases.

Carmen Seoane Rodríguez, 6º B

No hay comentarios: