O Sangue! Que sería de nós se non tivésemos sangue?
O sangue é un zume de tomate que circula por unhas palliñas ata chegar ao corazón. Non sei por que, pero o corazón sempre está sedento de sangue
Non se cansará de beber sempre o mesmo?
Se eu fose o corazón, non bebería tanto sangue. Algunhas veces bebería, por exemplo, zume de laranxa.
Eu coido que se non tivésemos sangue, andariamos todos resecos, e os vellos irían como uns mortos, tétricos e descoloridos.
Se o sangue fose pintura de distintas cores, alguén daría esa escusa para pelexarse coa xente e dicir:
-É que se me acabou a pintura amarela, e sen ela non podo vivir. É cuestión de vida ou morte.
Ai, menos mal que non é o caso! Ademais é mellor que o corazón siga tomando o seu zume de tomate, porque se ata agora lle foi ben, abofé que no futuro tamén.
Alejandro Valle (6ºB)
1 comentario:
Fantástico, Alejandro. Eres moi creativo.
Publicar un comentario