jueves, 10 de febrero de 2011
O bico de boas noites
Todas as noites, ao acostarme, fágome a mesma pregunta cando a miña nai ven darme un bico de boas noites.
A pregunta é: Por qué, segundo me dá o bico, tápame coa manta ata as orellas? ¡Mesmo no verán tápame moito; e mira que vai unha calor...!
Sempre lle pregunto por qué o fai, pero nunca me responde dunha maneira aclaratoria; dime: "Non o sei..., porque si".
E digo eu: "E , por qué non?!"
Non sei por qué me tapa tanto pola noite , se pola mañá destápame toda e sácame da cama.
Andrea Bellón 6º B
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Tamém me gusta este comentario sobre algo cotiá.
Publicar un comentario